miércoles, 21 de mayo de 2014

VIERNES 23 MAYO NO ENTRENAMIENTOS


Festas Maria Auxiliadora 2014


Hai unha canción moi coñecida que se titula "don,t stop the party", que traducida ao galego sería "que non pare a festa".Nós imos a ter unha das máis importantes no colexio: a Festa de María Auxiliadora.

É moi complicado explicar con palabras tantas actividades que teremos pero ímolo tentar. Cítovos algunhas: torneos de brilé, partidos mestres-alumnos, celebracións, cine, barracas, concertos, misión imposible, xogos no patio, torneo de xadrez... Si consultades o programa das festas colexiais veredes que a troula está garantida!! Ímolo pasar xenial. Si algo caracteriza a esta gran celebración é a familiaridade e a cercanía. Toda a comunidade educativa (pais, nais, alumnos, profesores, salesianos...) participa e colabora para que saia ben ata o último detalle. A culminación da festa é a procesión de María Auxiliadora o 24 de Maio, que ten unha gran repercusión na cidade de Vigo. Nela hónrase a nosa Virxe.

Pois ben, comeza a conta atrás...A festa vai comezar!!! ¡María está pasando por aquí!!, ¡cando ela pasa, todo se transforma, a ledicia chega e a tristeza vaise...!
¡¡¡Felices Festas a todos e todas!!!



Programa de Actividades da Festa:


No hay comentarios: